Cadea perpetua

Cada vez que ocorre un caso terrible como o da sevillana Marta, ou a tamén andaluza, Mari Luz; os medios de comunicación xalean toda concentración, manifestación e/ou petición de instauración da cadea perpetua.
Non é estraño que dita petición veña das propias familias afectadas; é máis, ata o entendo. Unha situación na que perderon algo moi prezado: os seus fill@s; e nas que a rabia e a dor afloran como nunca.
Con todo, as leis non se poden deixar ao arbitrio dos sentimentos. Queiramos ou non, unha reforma no Código Penal afectaría a gran cantidade de persoas, e debe ser realizada mirando sempre cara á reinserción.
As penas e o cárcere serven, teoricamente, para colaborar na reinserción de seres humanos que cometeron crimes e delitos. É a esencia da segunda oportunidade. A hipotética instauración da cadea perpetua ten unha finalidade similar á pena de morte, para min: NINGUNHA.
Meter a unha persoa toda a súa vida nunha cela nin resolve o problema, nin contribúe á súa solución.
Non é raro que xuíces, fiscais e xuristas coincidan en que dita reforma é anticonstitucional, e que atenta contra os dereitos fundamentais dos internos en presidios.
Habería que reformar os medios dedicados á reinserción e valoración multidisciplinar dos internos, colaborando na súa evolución, mellorando as intervencións e abrigo primando segundas oportunidades.
Nun momento social, onde nin tan sequera un ex-preso se reinsira realmente na sociedade ¿como podemos pensar en confinar á xente durante toda a súa vida?.
chúzame -
Editor: A botica da expresión
