Prop2

7 Noviembre 2008 por admin  
Publicado en Blog Gallego, Gente

Imaxe dunha granxa croataO mesmo día das Eleccións norteamericanas, que gañou o candidato demócrata Barack Obama, en algúns estados estábase a debater outras interesantes propostas, como o matrimonio homosexual, ou a proposición número 2; ambas en California.

Desgraciadamente, o matrimonio homosexual seguirá prohibido no estado de California, e é unha mágoa, aínda que nun estado gobernado polos republicanos, e onde gañou Obama, podía pasar calqueira cousa.

Eu falarei da proposición número 2; unha proposta á enmenda da lexislación do estado de California, para abolir as gaiolas demasiado pequenas para os animais de granxa.

Sorprendeume moito a valoración do diario La Voz de Galicia, que calificaba dita proposición como “de pouco calado”, e non deixo de pensar nos centos de millóns de animais que cada ano teñen que malvivir en deceas de millóns de gaiolas, e que nuns meses son sacrificados…

De pouco calado será para certos grupos de presións, próximos ó lobby da carne ou calqueira industria relacionada cos animais. Está moi claro que dita proposición obrigalles a mellorar un benestar animal moi escaso nos Estados Unidos, aínda que tamén en España.

Se facemos un cálculo sinxelo, poderíamos afirmar que no tamaño dun folio poden “aloxarse” 4 ou 5 galiñas. Un espazo ínfimo, e unha empatía baixo mínimos

Chuzame! chúzame -

Editor: A botica da expresión

Lee el resto

Valora el artículo:

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...

Comentarios

Dinos que piensas...
Ah, y si quieres que salga tu foto en los comentarios, ves a Gravatar!